Test de Apertura Intercultural
 
 
 
Agora tes a gran oportunidade de pasar un período de tempo nun país diferente ao teu, con outras regras. Se todo vai ben, o contacto continuo con outras realidades culturais capacitarate para analizar e valorar as novas situacións en que te atoparás.
Ten en conta que a aprendizaxe intercultural é ante todo unha autoaprendizaxe. Cada persoa está soa diante das demais e ten que atopar, desenvolver e avaliar diversas estratexias para afrontarse ás súas necesidades comunicativas.
Nesa experiencia a convivencia presenta dificultades e contradicións, pero tamén múltiples posibilidades de enriquecemento mutuo grazas ao intercambio de perspectivas. Estás a punto para poñer a proba a túa apertura intercultural?